Saltar la navegación

XUBILACIÓN DOS AUTONÓMOS

Requisitos para a xubilación de autónomos

Os traballadores autónomos teñen dereito a cobrar unha prestación pola súa xubilación despois de retirarse da súa vida profesional. A pesar de iso, non todos os autónomos poden recibir unha retribución económica mensual a partir do momento no que se cumpre a idade de xubilación.

Para poder percibir unha pensión da Seguridade Social polo traballo realizado durante os anos da súa vida, os traballadores deben cumprir unha serie de requisitos para poder xubilarse como autónomos. Estes requisitos baseanse sobre todo nos anos traballados e no cumprimento da idade de xubilación mínima.

¿A qué idade poden xubilarse os traballadores autónomos?

Os autónomos poden xubilarse a partir dos 65 anos e 4 meses. A pesar de isto, a idade de xubilación está aumentando de maneira progresiva ata que chegue aos 67 anos no 2027. Esto significa que a idade de xubilación irá aumentando cada ano uns meses mais ata que dentro dunha década se fixe definitivamente nos 67 anos.

Cabe destacar, que a Seguridade Social considera unha carreira laboral completa ás persoas que cotizaran como mínimo 38 anos e medio. Estas persoas poderán xubilarse aos 65 anos, en lugar de aos 67, se así o desexan.

Aquí podese ver a tabla co incremento da idade de xubilación de cada ano ata 2027.

Durante o ano: Idade de xubilación
2013 65 anos e 1 mes
2014 65 anos e 2 meses
2015 65 anos e 3 meses
2016 65 anos e 4 meses
2017 65 anos e 5 meses
2018 65 anos e 6 meses
2019 65 anos e 8 meses
2020 65 anos e 10 meses
2021 66 anos
2022 66 anos e 2 meses
2023 66 anos e 4 meses
2024 66 anos e 6 meses
2025 66 anos e 8 meses
2026 66 anos e 10 meses
A partir de 2027 67 anos

A pesar de que a idade de xubilación dos autónomos é aos 65 anos. Os autónomos tamén poden solicitar a xubilación anticipada se cumpren unha serie de condiciónes fixadas. A idade de xubilación anticipada dos traballadores autónomos é de 63 anos, ainda tamén está aumentando progresivamente ata os 65 anos.

¿Cantos anos debe cotizar un autónomo para xubilarse?

Ao igual que ocorre coa idade de xubilación, tamén aumentan os anos mínimos de cotización para a xubilación dos autónomos. El periodo mínimo de cotización ou periodo de cómputo pasa dos 15 anos ata os 25 anos en 2027 de forma progresiva.

Agora msmo, establecese en 24 o mínimo de anos cotizados para cobrar a xubilación, dos cales 2 deben estar comprendidos nos últimos 15 anos. Na seguinte tabla mostramos cómo se incrementa o mínimo de anos cotizados nos seguintes anos:

Elevación do Periodo Mínimo de Cotización
Durante el ano: Tempo computado
2013 192 meses (16 anos)
2014 204 meses (17 anos)
2015 216 meses (18 anos)
2016 228 meses (19 anos)
2017 240 meses (20 anos)
2018 252 meses (21 anos)
2019 264 meses (22 anos)
2020 276 meses (23 anos)
2021 288 meses (24 anos)
A partir de 2022 300 meses (25 anos)