Saltar la navegación

AXUDAS E SUBVENCIONS

Axudas e subvencions

Coa crisis derivada da pandemia do Covid-19, pimes e autónomos vense obrigados a tomar decisións importantes para garantir o futuro dos seus negocios e pode hacer frente a todos os gastos e imprevistos.

No caso das empresas galegas existe unha gran variedade de axudas para pequenas e medianas empresas en Galicia que permiten que todos estes trabajadores por conta propia poidan desenvolver a súa actividade comercial e impulsar os seus negocios. 
 

Bonificacións: Tarifa plana para autónomos.

De acordo coa nova Lei de Autónomos, existen duas modalidades:

  • Os traballadores por conta propia que por primeira vez se den de alta, ou que non o fagan estando durante os dous anos anteriores á data en que queiran facelo novamente, so deberán aboar 50 euros mensuais o primeiro ano por concepto de cotización por continxencia común e incapacidade temporal. Esta reducción aplicarase sempre que se opte pola base mínima de cotización.
  • Se polo contrario, se escolle unha base de cotización superior, entón farase unha reducción mensual do 80% durante os primeiros doce meses e seguirán beneficiándose desta reducción, sen perder este dereito aínda que realicen contratacións.

Capitalizar a prestación por desemprego:

Se unha persoa está desempregada, é beneficiaria da prestación contributiva e quere iniciar unha actividade pola súa propia conta, cobrará o importe total das cuantías que teña pendientes por percibir nun pago único, seempre que lle queden ao menos tres meses por recibir, é decir, esto implica que a actividade debe iniciarse no plazo dun mes desde que se concede o pago único.

Se o interesado percibe un subsidio por desemprego, non poderá acollerse ao pago único debido a que esta posibilidade non está contemplada coas prestacións non contributivas.

Compatibilizar a prestación por desemprego co traballo por conta propia:

1.-O paro podese compatibilizar o paro co traballo por conta propia por un lapso máximo de 270 días, ou durante o tempo que reste por percibir a prestación contributiva. Para lograr esto débese solicitar nun prazo de quince días dende que se inicie a actividade e non ter traballadores o seu cargo. Cabe sinalar os seguintes aspectos: o cobro dunha prestación por desemprego e o traballo a xornada completa son incompatibles; cando a xornada de traballo é parcial, se é compatible o cobro dunha prestación por desemprego, a cuantía verase reducida proporcionalmente á xornada que traballe.

2.- Se a persoa ten menos de 30 anos, é posible compatibilizar o paro co inicio da actividade por conta propia durante nove meses.

3.- Un traballador que suscribira un contrato indefinido de apoio a emprendedores, poderá compatibilizar o paro, pero, a cuantía recoñecida na prestación será reducida nun 25%; para poder compatibilizar ambas cousas, o traballador deberá solicitalo expresamente durante os primeiros quince días do inicio da actividade laboral.

Promoción do emprego autónomo:

O programa de Apoio ao Empregoi Autónomo ten como obxectivo primordial, facilitar ás persoas que se encontran legalmente desempregadas, iniciar unha actividade por conta propia, é decir, este programa fomenta o traballo autónomo e promueve a cultura e o espíritu emprendedor, a través de políticas dirixidas ao  establecemento e desenvolvemento de iniciativas profesionais e económicas por conta propia, esto lograse mediante establecemento de reduccións, exencións ou bonificacións nas cotizacións da Seguridade social; para iso, este programa conta con diversas accións, entre as que se encontra unha axuda económica ata dun importe de 10.000 euros, esto vai a depender da comunidad autónoma na que se encuentre o seu lugar de residencia e ao colectivo ao que pertenezan, estos últimos son:

1.- Desempregados con carácter xeral.

2.- Persoas menores de trinta anos e que se encontren en situación de desempregados.

3.- Mulleres desempregadas.

4.- Persoas discapacitadas que se encontren desempregados.

Axudas financeiras ICO 2022:

Os autónomos e Pemes poden solicitar préstamos con financiamento público a través  do Instituto de Crédito oficial (ICO), como unha alternativa financeira  aos créditos convencionais, a liña que mais destaca para solicitar financiamento por parte dos autónomos é ICO Empresas e Emprendedores 2022. Para iso había unha amplia gama de institucións financeiras que prestan apoio para lograr levar a cabo esta actividade. As Líñas de mediación ou Líñas ICO, son liñas de financiamento nas que o ICO concede os fondos a través das Entidades de crédito.

O ICO establece a dotación económica total e as principais características e condicións financeiras das diferentes liñas de financiamento; firma, ademais, os Contratos de Financiación coas Entidades de Crédito ás que se dirixe directamente a persoa interesada.

As Entidades de Crédito son as que asumen o risxo de non recibir os pagos, tamén se encargan do análise e viabilidade da operación, son as que determinan as garantías que deben esixirse e por suposto, a concesión ou non do financiamento; esto debese a que son as Entidades de Crédito quenes responden frente ao ICO e o cliente é quen responde ante a Entidade.