Saltar la navegación

As retencións do IRPF 2022

¿Qué son as retencións do IRPF?

As retencións do IRPF son anticipos á Facenda Pública, cantidades de diñeiro adelantadas a conta á Axencia Tributaria en previsión do resultado esperado na declaración da renda ou IRPF.

Están reguladas pola lei, que establece os porcentaxes a aplicar en cada caso, son obrigatorias e afectan a numerosos tipos de rendas, destacando as dos traballadores e as dos profesionais autónomos.

Na práctica, o importe das retencións debe ser ingresado na Facenda Pública polos pagadores: as empresas no caso dos traballadores asalariados, os clientes no caso dos profesionais autónomos, os inquilinos no caso dos propietarios de locais comerciais ou oficinas ou o banco no caso dos intereses dun depósito.

Se as retencións efectuadas ao longo do ano foron demasiado altas, cando chegue o momento de presentar a declaración anual da renda, esta saldrá a devolver mentras que se foron baixas saldrá a pagar.

¿Qué tipos de retencións do IRPF afectan aos autónomos?

A lexislación sobre retencións do IRPF pode obrigar aos autónomos de dúas formas:

  • Engadir retencións nas facturas no caso dos profesionais autónomos e outros casos.
  • Facer pagos trimestrais á Facenda a conta das retencións do IRPF dos seus traballadores, outros profesionais autónomos aos que se contratara ou do arrendador do local ou oficina.

Os tres tipos de retencións que por tanto mais habitualmente afectan aos autónomos son:

1. Retencións do IRPF nas facturas dos autónomos

Os autónomos dedicados a actividades profesionais, agrícolas, ganadeiras e forestais, así como algunhas actividades en módulos deben aplicar os seguintes porcentaxes de retención nas suas facturas:

  • Actividades profesionais: en 2021 mantenense no 15%, porcentaxe ao que se volveu xa no mes de xullo do ano 2015. No ano 2012 este porcentaxe había subido ao 21% no marco das medidas excepcionais aprobadas polo goberno para 2012 - 2014, baixando ao 19% no mes de xaneiro de 2015.
  • Novos autónomos en actividades profesionais: 7% en 2021, aplicable o ano de inicio da actividade e os dous seguintes. Entre 2012 e xullo do 2015 subira o porcentaxe ao 9%.
  • Autónomos con rendimentos íntegros inferiores a 15.000 euros anuais: 15%. Este novo tipo incluese coa Reforma Fiscal 2014 e aplicase dende o 4 de xullo de 2014. Coas medidas aprobadas no mes de xullo de 2015, ao xeneralizarse o 15%, esta medida quedou suprimida.
  • Algunhas actividades en estimación obxectiva (módulos): 1%. O listado de actividades en módulos obrigadas a practicar retención. 
  • Actividades ganadeiras de engorde de porcino e avicultura: 1%
  • Actividades agrícolas e restantes actividades ganaderas: 2%
  • Actividades forestais: 2%

Os autónomos dados de alta en actividades empresariais, que son aquelas incluidas na seción primeira do Imposto de Actividades Económicas (IAE) non deben practicar retencións nas suas facturas.

2. Retencións do IRPF dos traballadores

So as retencións que se teñen que practicar nas nóminas dos traballadores. A cuantía da retención dependerá da cantidade que perciba o traballador e de circunstancias persoais como o número de fillos, se está casado, se ten hipoteca ou o tipo de contrato. Esta información tense que facilitar o traballador a través do modelo 145.

Aos administradores dunha sociedade hai que reterlles o 19% se a sociedade factura menos de 100.000 euros e o 35% se factura mais de 100.000 euros.

3. Retencións do IRPF de alquileres

Si temos un negocio nun local ou oficina alquilado, o porcentaxe que teremos que pagar á Facenda no 2021 é do 19%, salvo que o propietario nos xustifique que está exento do pago de retencións. É obligación do empresario realizar el ingreso na Facenda Pública ainda que a cantidade retida non veña reflexada no recibo.

4. Outras retencións do IRPF

Existen outras retencións que poideran afectar a determinados casos e que tributan todas ao 19% no 2021:

  • Rendimentos do capital mobiliario (por exemplo dividendos).
  • Rendimento procedente da propiedade intelectual.
  • Arrendamento de bens mobles, negocios, minas.
  • Rendimentos derivados da cesión de dereitos de imaxe.

¿Qué modelos teño que presentar na Facenda Pública?

No caso de ter que ingresar na Facenda Pública retencións a conta dos traballadores, outros profesionais autónomos o teu arrendador, deberás presentar os modelos 111 e/ou 115.

Modelo 111

modelo 111  presentase trimestralmente. O primeiro trimestre antes do 20 de abril, o segundo antes do 20 de xullo, o terceiro antes do 20 de outubro e o último antes do 20 de xaneiro do ano seguinte. O resumo anual é o modelo 190 e haberá que presentalo antes do 20 de xaneiro tamén. Dendo o ano 2015 os autónomos teñen que presentar este modelo, obligatoriamente, por internet a través da web de Facenda.

No modelo temos que incluir as retencións practicadas para cada tipo de rendimento dos enumerados anteriormente a excepción dos arrendamentos. Hai casillas separadas para os distintos tipos de retención que temos que ingresar en función do tipo de rendimento. Simplemente hai que indicar o número de perceptores. 

Modelo 115

No modelo 115 os prazos e a forma de presentación son os mesmos que para o 111. O resumo anual é o 180. Neste modelo declaramos as retencións correspondentes aos alquileres ou arrendamentos. Na base das retencións ponse a cantidade do recibo de alquiler, antes de sumarlle o IVE e quitarlle as retencións do IRPF.