Saltar la navegación

Cota autónomos 2022

Debes saber que as cotas dos autónomos dependen de diversos factores. Por un lado, as bases de cotización elixidas, e por outro lado, as bonificacións ou reducións da cota ás que se poden acoller os traballadores autónomos.

Pero non creas que so pagando as cotas cumprirás coas administracións. Ademáis, tamén se deben presentar as declaracións trimestrais e anuais onde se liquida o IVE e o IRPF na Facenda, xunto co cumprimento das obrigas de ámbito autonómico e local.

8

¿Canto paga un autónomo ao mes durante este ano?

Dende o inicio do ano incrementouse a cota de autónomos de 2022 un 0,3%, é dicir dende o 1 de xaneiro de 2022 manteñense os tipos de cotizaciones por cese de actividade. Polo tanto, conservase o 0,9% do ano 2021. 

A cota mínima dos autónomos en 2022 é de 294 euros ao mes e a cota máxima de autónomos en 2022 en España situase nos 1.266,66 €.

. Polo que, si esto se cumple, a cota de autónomos, tomando como referencia as bases de cotización máxima e mínima, quedarían así:

  • Cota mínima:  294,00€
  • Cota máxima: 1.266,66€

A cantidade que pagan os autónomos á Seguridade Social non sempre é mesma. De feito, cada ano soe subir a base de cotización mínima, polo que a cota tamén se ve incrementada. Aínda que o porcentaxe de subida non soe ser moi elevado, nos últimos anos os profesionais por conta propia que cotizan pola base mínima e non teñen posibilidade de bonificarse un porcentaxe pasaron a pagar aproximadamente 19 euros mais ao mes, o cal supón mais de 228 euros ao ano, (unha cantidade que para un autónomo sí pode supoñer unha diferenza)

Dependendo da base de cotización que se elixa ( e sobre todo, tendo en conta que non podes acollerte a ningunha bonificación), se lle aplicarán unha porcentaxe que é o tipo de cotización. Este tipo de cotización determina o porcentaxe da base de cotización que debes pagar de cota.

Anteriormente, os porcentaxes establecidos pola Seguridade Social eran diferentes en función do se queira cotizar.

  1. Continxencias comúns: 28,30% da base
  2. Continxencias profesionais: 1,30% da base + cantidade dependente do CNAE (soe oscilar entre o 1,5% e o 6%).
  3. Cese de actividade: 31,50% da base.

Pero como xa se comentou anteriormente, dende o ano 2019 agruparonse todos estos porcentaxes nun só e todos os autónomos tiveron un tipo de cotización do 30%, que aumentou de forma progresiva nos seguintes anos. No 2020 foi do 30,3%, no 2021  é 30,6% e manteuse no 30,6% no 2022.

Ahora o tipo de cotización do 30,6% dividese en diferentes porcentaxes:

CONTINXENCIAS COMÚNS 28,30%
CONTINXENCIAS PROFESIONAIS 1,30%
PRESTACIÓN POR CESE  ACTIVIDADE 0,9%
FORMACIÓN E PREVENCIÓN 0,10%

Tarifa plana autónomos

A tarifa plana para autónomos consiste en empezar cun pago mensual de 60 euros á Seguridade Social en lugar dos 286,15 euros que constitúen a cota mensual mínima en 2021. Trátase dunha medida introducida no 2013 que tivo gran aceptación, axudando a mais dun millón de autónomos desde entonces e sufreu bastantes cambios ao longo dos anos. Os mais recentes e relevantes foron:

No 2019 subiu de 50 a 60 euros o importe da tarifa plana e ampliouse a un ano o primeiro tramo desta bonificación para novos autónomos, tal e como se recolle na última Lei de autónomos.  En setembro de 2020 o Tribunal Supremo denega os recursos da Seguridade Social e senta xurisprudencia para que os autónomos societarios tamén poidan beneficiarse da tarifa plana, incluso con efectos retroactivos, algo que se vía demandando durante anos e, por tanto, procedeuse á ampliación da tarifa plana, de un a dous anos durante o primeiro tramo, para novos autónomos empadroados en municipios de menos de 5.000 habitantes.

A pesar da súa boa aceptación, a tarifa plana xerou bastante controversia, xa que en moitos casos os autónomos con tarifa plana non continúan coa súa actividade unha vez finalizado o período bonificado.

Presumiblemente, a tarifa plana para autónomos desaparecerá e verase sustituida co sistema de cotización por ingresos reais, que está preparando o goberno, e que se espera poida aprobarse en 2022. 

Se vas a darte de alta como autónomo próximamente e cumpre os requisitos para acceder á tarifa plana, podes facelo sen problema solicitándoa na Seguridade Social no momento de darte de alta en autónomos.

Actualmente os requisitos para poder solicitar a tarifa plana para autónomos son:

  • Darte de alta por primeira vez como autónomo.
  • Non haber estado de alta como autónomo nos últimos dous anos (tres en caso de que anteriormente se disfrutara de bonificación).
  • Si xa estivestes dado de alta en autónomos e te beneficiou da tarifa plana, que transcurriron ao menos tres anos dende que a data en que se dera de baixa, anteriormente. É decir, pódese repetir siempre que pasaron 3 anos entre medias.
  • Non ser autónomo colaborador (réxime especial para familiares dos autónomos).