Saltar la navegación

O DESEMPREGO NOS AUTONOMOS

18

Dende sempre os autónomos se encontraron en clara desventaxe frente aos traballadores do Réxime Xeral en relación á situacións que se producen cando se termina a actividade laboral.

Mentras os traballadores que perdían o seu emprego poseían o “paro”, os traballadores autónomos non tiñan ningún tipo de protección no caso de que non poideran continuar co seu traballo. É por iso, que dende fai uns anos, os autónomos contan cun sistema de proteción que cubre as situacións nas que poiden seguir a súa actividade profesional.

Esto é o que se coñece como proteción por cese de actividade, ainda popularmente se lle coñoce como o paro dos autónomos.  Así, os traballadores autónomos teñen a posibilidade de recibir uns ingresos mensuais que lle permitan subsistir nestas situacións.

¿En que consiste a proteción por cese de actividade?

A proteción por cese de actividade é un sistema específico para os autónomos, disposto na Lei 32/2010,  que se encarga de cubrir a situacións nas que un traballo de este colectivo profesional se ve obrigado a finalizar a súa actividade laboral.

As prestacións polo desemprego dos autónomos inclúen unha prestación mensual, cómo ocorre co paro dos traballadores por conta allea, e a cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.

A proteción por cese de actividade non se basa so na prestación que reciben mensualmente os traballadores cando se da por finalizada  a súa actividade, senon que tamén inclúe accións formativas que axuden á reinserción laboral destas persoas. Estas accións están xestionadas polas Comunidades Autónomas e o Instituto Social da marina co obxectivo de volver a introducir a estes traballadores no mercado de traballo.

Sen embargo, non se considera cese de actividade, calquera situación na que un traballador autónomo deixa de traballar. Para que se considere que un autónomo incurreu en cese de actividade, deben darse unhas condicións determinadas que o provoquen.

¿Qué autónomos poden cobrar o paro?

Debemos ter claro quen pode pedir o paro de autónomos, para saber se existe a posibilidade de solicitar este tipo de prestacións. As prestacións que se derivan da protección por cese de actividade poden ser solicitadas por:

  • Autónomos inscritos n Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia e Autónomos (RETA).
  • Os traballadores inscritos no Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios (SETA), que inicien a súa cotización por cese de actividade a partir do 1 de xaneriro de 2012.
  • Os traballadores autónomos económica dependentes (TRADE).
  • Traballador por Conta Propia ou armador asimilado incluido no Réxime  Especial dos Traballadores do Mar.

Requisitos para cobrar o paro se eres autónomo

A pesar de que a protección por cese de actividade posee un carácter voluntario, non todos os autónomos poden cobrar o paro no momento que deixan de traballar. A Seguridade Social establece uns términos que se deben acreditar para poder cobrar o chamado “paro dos autónomos”.

Para que os traballadores autónomos poidan recibir a prestación por desemprego, estes teñen que cumprir unha serie de requisitos. Estes términos, marcados pola lei, fan referencia á situación no momento que finaliza a actividade, pero tamén existen algunhas relacionadas coas condicións laborais nas que se estivo traballando.

¿Canto cobra como prestación por desemprego un autónomo?

Non todos os traballadores autónomos cobran a mesma prestación por cese de actividade. O desemprego dos autónomos, ao igual que o dos traballadores do Réxime Xeral, depende das cotizacións que se realicen mensualmente á Seguridade Social.

Esto implica que canto maior sexa a base de cotización e as cotas que se pagan mensualmente, maiores serán os ingresos que se obteñan cando se dé por finalizada a actividade laboral.

Por iso, outro dos problemas de cotizar pola base mínima se eres autónomos é que, a prestación por desemprego tamén será a mínima establecida.

¿Canto dura o paro dos traballadores autónomos?

O paro dos traballadores autónomos tamén depende da cantidade de meses de cotización á Seguridade Social que se realizaran como membro deste colectivo profesional anteriormente. Dependendo do número de meses que se cotizo, os autónomos poden obter a prestación por cese de actividade durante 2 meses e un ano.

Segundo a idade na que se produza o cese de actividade, necesitarase mais ou menos meses cotizados para percibir a prestación durante o máximo tempo. Por exemplo, os autónomos maiores de 60 anos. Por exemplo, os autónomos maiores de 60 anos, necesitan menos meses de cotización para cobrar o paro durante 12 meses. Podese consultar a tabla de duración do paro dos autónomos en relación aos meses cotizados.