Saltar la navegación

IRPF autónomos

En relación ao IRPF dos autónomos e os réximes de estimación directa normal ou simplificada aos que se aplica o modelo 130, é convinte recordar algunhas puntualizacións:

  • O IRPF ou Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas é un imposto persoal progresivo e directo que se aplica sobre a renda natural durante un ano de calquer residente Español.
  • A estimación directa simplificada é o réxime de IRPF mais habitual entre os autónomos, xa que se aplica a determinadas actividades económicas cuio importe neto de cifra de negocios, para o conxunto de actividades desenvoltas polo contribuinte, non supere os 600.000 euros no ano inmediato anterior, salvo que renuncie á súa aplicación. E anque xa nos encantaría que non fose así, son poucos os autónomos que facturan mais de 600.000 euros ao exercicios económico.
  • A estimación directa normal. Este tipo de estimación aplica a aqueles empresarios ou profesionais que non estén acollidos á estimación simplificada e sempre que o importe da cifra de negocios das actividades exercidas o ano anterior superara os 600.000 euros.

    13

¿Que é o modelo 130?

modelo 130 é o modelo de autoliquidación do pago fraccionado do IRPF que han de presentar todas as personas físicas que desenvolvan actividades económicas mediante estimación directa normal ou simplificada.

Falando claro, tratase dunha declaración trimestral de ingresos e gastos pola cal os autónomos van pagando anticipos do 20% a conta da súa declaración da renda, ao igual que ocorre cos traballadores por conta allea e a retención de IRPF que se lles deduce das nóminas. A diferenza é que co modelo 130 pagase un 20% do rendemento da actividade.

No caso de que o final de ano cos catro anticipos do modelo 130 se pagara mais do que corresponde polos ingresos reais, a declaración da renda saldarase a devolver. Mentras que si  ganas moito diñeiro os anticipos non serán suficiente e a declaración da renda saldrá a pagar.

¿Quen debe presentar o modelo 130?

Unha parte importante dos autónomos ten que presentar o modelo 130:

  • Os empresarios dados de alta na actividade calificada de empresarial (epígrafes IAE), sempre e cando non estean no sistema de módulos, en cuio caso deberán presentar o modelo 131.
  • Os autónomos que realicen unha actividade profesional, salvo que ao menos o 70% dos seus ingresos procedentes da actividade profesional huberan tido retención ou ingreso a conta no exercicio anterior. É decir, estean exentos do modelo 130 si facturaron con retencións mais do 70% da súa facturación a empresas, autónomos e entidades xurídicas con sede en España.
  • Aqueles que participen nunha comunidade de bens en canto aos ingresos que lle correspondan , en función do porcentaxe de participación na organización.

¿Cando debe presentarse o modelo 130?

Debe presentarse nos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, tal e como se mostra no calendario fiscal do 2021:

  • Primeiro trimestre: do 1 ao 20 de abril, ambos inclusive.

  • Segundo trimestre: do 1 ao 20 de xullo, ambos inclusive.

  • Terceiro trimestre: do 1 ao 20 de outubro, ambos inclusive.

  • Cuarto trimestre: do 1 ao 30 de xaneiro do exercicio seguinte, ambos inclusive. 

Debes ter en conta que nos referimos a días hábiles, así que no caso de coincidir o último día do periodo en cuestión con festivo, aplazase o fin do período ata o seguinte día hábil.

¿En qué formas pode presentarse o modelo 130?

A partir do exercicio 2015, e como consecuencia da aprobación da Orde HAP/2194/2013, de 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións e declaracións informativas de natureza tributaria (modificada pola Orde HAP/1846/2014, de 8 de outubro), desaparece a posibilidade de presentación en papel pre-impreso do modelo 130, que deberá presentarse, segundo os casos:

De forma electrónica a través de internet:

  • Ben mediante a utilización dun sistema de identificación e autenticación basado en certificados electrónicos recoñecidos emitidos de acordo ás condicións que establece a Lei 59/2003, de Firma Electrónica, que resulte admisible pola Axencia Estatal de Administración Tributaria segundo a normativa vixente en cada momento, ou ben mediante o sistema de firma con clave de acceso nun rexistro previo como usuario (Cl@vePIN).
  • En papel impreso xenerado exclusivamente mediante a utilización do servizo de impresión desenvolto a estes efectos pola Axencia tributaria na súa sede electrónica (cando o obrigado tributario non deba presentar a autoliquidación obrigatoriamente de forma electrónica).

 A presentación electrónica por Internet poderá realizarse con DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve PIN ou número de referencia. Para todos os modelos poderá utilizarse o DNI electrónico e/ou o certificado electrónico, ben de persoas físicas, de representantes de persoas xurídicas ou de entidades sen personalidade xurídica. O sistema Cl@ve PIN e o número de referencia so poderán ser utilizados por persoas físicas.

As persoas físicas dispoñen do DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve PIN ou número de referencia para presentar, no seu caso, declaracións informativas, censais, determinadas autoliquidacións, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria