Saltar la navegación

SEGURIDADE SOCIAL

O traballador autónomo está obrigado a pagar unhas cotas á Seguridade Social, que dependen da base de cotización que teña.

A base de cotización é como o salario base en función do que se cotiza á Seguridade Social. Canto maior salario base, maior será a tasa que se pague á Seguridade Social. Na práctica, case todos os traballadores autónomos elixen pagar o mínimo, poñéndose o mínimo como base de cotización, anque unha base de cotización máis alta daríanos dereito a unha pensión máis alta cando nos xubilemos.

A cotización dos autónomos á Seguridade Social realizase a través das cotas de autónomos que se pagan mensualmente. A inscripción é o pago destas cotas ao Instituto Nacional da Seguridade Social da dereito a diferentes prestacións como traballador. Por iso, é tan necesario encontrarse ao día coas obrigas para poder disfrutar de todos os teus dereitos como traballador autónomo.

Os autónomos son libres de elexir a base de cotización, pero o máis recomendable é adaptar a túa base de cotización aos ingresos que obtés. O problema é que a maioría dos autónomos terminan elixindo cotizar pola base mínima porque os seus ingresos non lles permiten pagar cotas máis altas.

5

A parte da base de cotización, as cuotas dos traballadores autónomos teñen algúns descontos e bonificacións que poden aplicarse dependendo do noso perfil. Por exemplo, os novos autónomos disfrutan de bonificacións á Seguridade Social, independentemente da súa idade así como os traballadores con discapacidade o aqueles con 65 anos ou máis.